A proba

11ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR
CONCELLOS de PADRON e ROIS
Sábado; 14 de Abril de 2018

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO
Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (31 + 19), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.
Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

COMO FACER A PROBA
A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:
  1. CAMIÑANDO:
    • Haberá RETENCIÓNS nos controis. Tempo: entre 7:40 e 11:40 horas
    • Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “ Copa Galega de Andainas 2018 ”.
    • (Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 6 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2018)
    • Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.
      Descualificaranse aos que corran ou troten nesta modalidade.
  2.  CORRENDO :
    • Non haberá retencións nos controis.Tempo máximo: 6:30 h.
    • Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 4:00 horas no km: 31. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.
    • Terán a obrigación de levar mochila, para poder recoller provisións nos puntos de avituallamento que atopen abertos (Km: 12,5 e 31,0).
    • @s que completen no tempo establecido a proba na modalidade de “Sen retencións”, daráselle un diploma co tempo empregado.( non valerá para a Copa Galega de Andainas)
Nº DE PLAZAS
  • No modo “CARREIRA” haberá un tope de 100 prazas, sendo as 400 restantes para os inscritos en “CAMIÑANDO”.
  • A organización, no caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.
PARTICIPANTES
  • Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON)
  • A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón.
  • Como o primeiro Km non ten fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.
  • Aqueles que só poidan o queiran facer o 2 anel: deberán recoller os dorsais entre as 13:30 e as 14.00. A saída será as 14:15.
  • En resumo: As opcións para facer a proba son as seguintes:
    - OPCIÓN- 1: 50 KM anel 1+ 2 Saída: 09:00
    - OPCIÓN- 2: 31 Km anel 1 Saída: 09:00
    - OPCIÓN- 3: 19 Km anel 2 Saída: 14:15
  • Aconsellase levar unha mochila con: tfo. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, … e calzado que suxeite ben o pe.
  • Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.
  • O dorsal deberá levarse posto en lugar visíbel, e para poder participar no sorteo de agasallos haberá que entregalo ao remate do percorrido.
  • Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización.
  • Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.
  • Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
  • Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.
ORGANIZACIÓN
  • Para o bo control da marcha establecerase un máximo de 500 participantes. A saída será ás 9:00 da maña.
  • Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
  • Subscribirá un seguro de accidentes para os participantes da proba que NO ESTÉN FEDERADOS na Federación Galega de Montañismo,
  • Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.
  • Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados.
  • Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os controis de paso ou que non auxilien a outros participantes.
  • A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.
  • Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen nos puntos de control-avituallamento. (grupos de 8 en cada viaxe).
ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE 2018