Regulamento

REGULAMENTO da ANDAINA BISBARRA do SAR 2018
  • Andaina Bisbarra do Sar é unha proba de sendeirismo de 50 Km, organizada pola Asociación Colectivo Remonte e as Concellerías de deportes dos concellos de Padrón e Rois, e na que colabora a Federación Galega de Montañismo.
  • A organización: Poderá facer as modificacións que sexan necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería chegar a suspender a proba.
  • A organización: Resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio. Tamén poderá descalificar a os participantes que na proba de “Camiñando” corran, troten ou no respecten os tempos de retención establecidos.
  • A organización: Subscribirá un seguro de accidentes para os participantes da proba que NO ESTÉN FEDERADOS, polo que non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
  • Os participantes: Teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores. Convén que dispoñan de licenza federativa (ficha montaña), ou dalgún seguro deportivo particular, que lle cubra calquer accidente que poida sufrir durante a proba.
  • Os participantes: Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
  • Os participantes: Saiben que os tramos do percorrido que vaían por estradas o rúas de poblacións non estarán cortados ao tráfico rodado, debendo gardar as normas xerales de Tráfico ou as indicacions da Organización. Obrigatorio cruzar as estradas polos pasos de peons ou sitios balizados.
  • Os participantes: menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.
  • Os participantes: Só poderán recoller un dorsal, e dicir: a entrega de dorsais será persoal; e antes da saída da proba terán que firmar obrigatoriamente na folla de control.
  • Os participantes: Aceptan que o importe da inscrición non será reembolsable en ningún dos casos. Os que se inscriban como federados en Montañismo saben que non se lle suscribirá seguro de accidentes para a proba, por estar cubertos co seguro federativo.
  • O feito de facer a inscrición conleva que: tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización.
ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE 2018